15 July 2018
Isabel Lema Blanco & Maria Garcia Gomez

 “Transformando cidades e mellorando a calidade de vida a través das solucións baseadas na natureza: a experiencia de A Coruña”  

O pasado 16 a 18 de maio, a cidade da Coruña acolleu o simposio europeo “Horizon 2020 European Dialogue and Clustering Action: Transforming cities, enhancing wellbeing: innovating with nature-based solutions (“transformando cidades e mellorando o medio ambiente, innovando coas solución baseadas na natureza), que reuniu a un total de  200 expertos en solución baseadas na natureza. Este evento foi organizado polo Grupo de Investigación Persona-Ambiente da Universidade da Coruña, coa colaboración do concello da Coruña.

Transforming Cities converteuse nunha oportunidade  excepcional  para cidades, investigadores e empresas verdes para debater sobre as principais achegas das solucións baseadas na natureza para desenvolver un urbanismo sustentable, fomentando cidades de baixo impacto, máis habitables e resilientes, en Europa e en todo o mundo.

María García, a concelleira de medio ambiente da Coruña, presentou no simposio europeo as propostas do concello de cara a elaboración dunha Estratexia de Infraestrutura Verde para A Coruña, así como exemplos das diferentes solución baseadas na natureza que se están a levar a cabo na cidade.

A Estratexia de Infraestrutura Verde local incluirá a creación dunha Rede de Espazos Naturais de Interese Local – como as illas de San Pedro e a contorna da Torre de Hércules– así como  a restauración medioambiental de dúas áreas fluviais –os ríos Quintas de Pastoriza, para o desfrute da veciñanza. Esta estratexia comezou hai dous anos, coa elaboración participada do “Mapa da Biodiversidade Urbana da Coruña”. O Concello da Coruña presentará os vindeiros meses un proceso de participación pública co fin de implicar á cidadanía na definición das liñas prioritarias da estratexia e acadar a implicación da cidadanía na conservación da biodiversidade.

Imaxe: O Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou na cerimonia inaugural do simposio europeo #transformingcities18

 “A Coruña presentou as liñas estratexias da cidade en materia de infraestruturas verdes e solucións baseadas na natureza no evento Transforming Cities, orientadas á conservación da  biodiversidade e aumentar a conciencia ambiental da cidadanía” 

A restauración de áreas verdes para o ocio e usos recreativos é un dos principais obxectivos do Concello da Coruña co fin de facer fronte ao “síndrome de déficit de natureza” nunha cidade que sofre unha alta densidade de poboación e insuficientes espazos naturais. Dentro desta estratexia, o Concello planea aumentar a extensión das zonas verdes mediante a plantación dun total de 1500 árbores en dous anos e crear tres novas ecohortas urbanas neste 2018, sitas nos barrios de Agra de Orzán, Novo Mesoiro e Eirís.

A creación de novas hortas ecolóxicas urbanas é unha das iniciativas máis demandadas pola cidadanía coruñesa, como puido comprobarse a través dos orzamentos participativos, nos que a maioría dos participantes seleccionaron, cos seus votos, propostas destinadas maioritariamente a enverdecer os barrios e á mellora dos parques e áreas de lecer. Todas estas intervencións poden axuda tamén a mellorar a calidade de vida das persoas así como o seu benestar físico e psicolóxico. Así, as ecohortas urbanas poden converterse en espazos de convivencia, de creación de comunidade, ao mesmo tempo que a cidadanía produce alimentos de proximidade.

Fotografía: María García, concelleira de medio ambiente do Concello de A Coruña, presentou os beneficios e os desafíos das infraestruturas verdes para o lecer e os diferentes impactos a medir

Solucións baseadas na natureza para o lecer: que impacto e para quen?

Como socia do proxecto Connecting Nature, a cidade da Coruña quere aprender cada vez máis sobre como as solucións baseadas na natureza poden axudarnos a planificar mellor a nosa cidade. Desexamos aumentar o noso coñecemento sobre as mellores fórmulas para medir os diferentes tipos de impactos que os espazos verdes poidan ter para a xente e para o medio ambiente.

A correcta identificación e medición dos beneficios e dos retos que supoñen este tipo de infraestruturas verdes foi o obxecto de debate dunha sesión na que a cidade da Coruña, xunto coa a cidade holandesa de Poznań e a investigadora da Universidade de Barcelona, Ángela Castrechini, presentaron as súas iniciativas e traballos relacionados coas solucións baseadas na natureza destinadas ao lecer, o deporte e o diferentes tipos de ocio da cidadanía. O parque de Eirís, a contorna da Torre de Hércules ou o parque de Bens son algunhas das experiencias presentadas pola concelleira de medio ambiente, María García, nesta xornada.

Para aumentar o noso coñecemento sobre o impacto das infraestruturas verdes, cidades e académicos deben avanzar nos criterios de avaliación das diferentes funcións dos espazos naturais, así como os seus posibles beneficios e tamén os posibles efectos negativos que estas poden ter, como os fenómenos de xentrificación, como se ven observando en Barcelona e outras cidades europeas.

Cantas funcións pode ter un parque, atendendo ao perfil dos seus visitantes, ao sexo ou idade dos seus usuarios? A xente prefire participar en actividades colectivas e comunitarias ou gozan da natureza dunha forma máis individualista? Están os veciños destas áreas máis comprometidos coa conservación ambiental? Cales son os efectos negativos e como anticipalos? Estas son algunhas das preguntas que nos facemos as cidades cando falamos da avaliación das solucións baseadas na natureza.

Visitando tres solucións baseadas na natureza de A Coruña 

Fotografía: o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, guiou aos asistentes ao longo do Eiris Park nunha das excursións organizadas polo Concello durante o #transformingcities18

Tamén queremos expresar a nosa gratitude ás máis de cen persoas que participaron nas tres excursión propostas polo Concello da Coruña a tres diferentes solucións baseadas na natureza na nosa cidade. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañou aos visitantes do Parque de Eirís e explicoulles as principais intervencións realizadas polo concello nesta área.

Este parque adoitaba ser unha zona industrial na que a posta en marcha de diversas solucións baseadas na natureza permitiu recuperar este gran parque para as crianzas, veciñanza e visitantes. A restauración feita nesta área permitiu a recuperación dun manancial natural para a creación dun estanque naturalizado onde aniñan unha variedade de aves acuáticas, insectos, réptiles e anfibios. O Parque de Eirís é agora un recurso excelente para as actividades de educación ambiental promovidas polo concello.

Visitamos o espazo natural do Parque da Torre de Hércules, camiñando polo faro romano do patrimonio mundial, nunha zona de rica biodiversidade que se conserva dende o proceso de desenvolvemento urbano da cidade. Como se mostra na seguinte imaxe, os participantes tamén realizaron unha ruta de ciclismo no paseo marítimo da Coruña que discorre pola fachada atlántica da cidade.

As excursións permitiron aos asistentes comprender o gran potencial da Coruña na creación de solucións baseadas na natureza para mellorar a calidade ambiental e o benestar da cidadanía. Esperamos que os resultados do diálogo europeo entre expertos e cidades arredor das solucións baseadas na natureza contribúan a atopar mellores solucións para acadar un desenvolvemento urbano sostible.  

Fotografía: O Concello da Coruña organizou unha ruta en bicicleta ao longo do paseo marítimo para os participantes do #transformingcities18